O informe fixa o &Índice de Capacidades Sociais Básicas, que avalia a cobertura das necesidades mínimas esenciais como a asistencia sanitaria no parto,a supervivencia infantil ata os 5 anos e a porcentaxe de nenas e nenos que están escolarizados ata quinto grado.Segundo o &Índice de Equidade de Xénero, que está desenvolvido para medir a igualdade de xénero no mundo a través de tres indicadores: educación, empoderamento e actividade económica, non hai ningún país no que exista a equidade de xénero. O informe deixa claro que é fundamental expandir os espazos políticos para pór fin á fenda entre mulleres e homes.
Fonte: CanalSolidario