O polo é o protagonista desta campaña de sensibilización que pon sobre da mesa as consecuencias das actuais políticas e o modelo de produción alimentaria, tanto nos países do norte como do sur."Cada día millóns de polos viven nun modelo cando deberían vivir noutro. O agroecolóxico. Cada día, millóns de campesiñas son expulsadas e morren nun modelo cando deberían poder vivir noutro. Cada día, millóns de persoas consumidoras alimentámonos nun modelo cando deberíamos consumilo noutro", explican nun manifesto da campaña.