Otras noticias
03/03/2008
Outras novas

218 MILLÓNS DE NENAS E NENOS TRABALLAN NO MUNDO, 180 MILLÓNS EXPLOTADAS E ESCLAVIZADAS

A secretaria de Estado de Cooperación Internacional presentou na Casa de América de Madrid a quinta fase do programa SCREAM, siglas que responden ao nome en inglés do programa para a Defensa dos Dereitos das Nenas e Nenos mediante a Educación, as Artes e os Medios de Comunicación.

No Estado Español, SCREAM pretende ser unha ferramenta para lograr o obxectivo de erradicar o traballo infantil a través da comprensión, por parte das nenas e nenos de aquí, da situación que viven outras nenas e nenos só por nacer noutro país.

Fonte: CanalSolidario