“Un café xusto por favor”, cada vez que digas esta frase estarás contribuíndo a erradicar a explotación infantil, estarás devolvéndolle a dignidade a unha muller, respectando unha cultura indíxena, evitando a contaminación do entorno e o esgotamento dos recursos naturais, etc…
As consumidoras e consumidores temos a posibilidade de impulsar este cambio acudindo aos bares, cafés, restaurantes, locais sociais e culturais, que ofrecen café, infusións, cacao… de Comercio Xusto ou incorporando novos establecementos na rede xusta galega.