Preto dun millón de persoas desprazadas somalíes subsisten grazas á axuda humanitaria, mentres que a violencia continúa desprazando mensualmente a 20.000 persoas fóra da capital, Mogadiscio. Esta situación provocou que a Oficina da ONU para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA) se some ao criterio de 40 axencias que traballan en Somalia para advertir sobre unha inminente catástrofe no país se non se adoptan medidas urxentes.
A portavoz da ONU, Michele Montas, afirmou que "aínda que a ONU conta con persoal e recursos para axudar ao pobo somalí, por se mesmos eles non poden acceder aos que necesitan asistencia, porque as partes do conflito e a violencia impídenlles o seu movemento".
Somalia vive inmersa no caos e sen que un Goberno central logre impor a súa autoridade desde 1991, cando foi derrocado o ditador Mohamed Siad Barré e os clans tribais dividiron o territorio en feudos privados que controlan por medio de milicias paramilitares. Hoxe en día Somalia vive a peor crise humanitaria do mundo.
Fonte: CanalSolidario