Otras noticias
06/04/2008
Outras novas

EXPÓN "UNHA MIRADA DE XÉNERO AO SÁHARA" DE FORMA GRATUITA

As entidades que desexen expor "Unha mirada de xénero ao Sahara" tan só deberán facerse cargo dos gastos de transporte e devolución da exposición e o compromiso de devolvela en óptimas condicións, pois o préstamo é gratuíto. A exposición fotográfica está montada sobre paneis de forex coas medidas 50 cm x 70 cm e contou coa cofinanciación da Secretaria de Inmigración e Emigración e o Fondo Social Europeo. A Asociación de Mulleres Saharauís en España é unha ONG de apoio á causa saharauí e de difusión do papel que desempeñan as mulleres do Sahara Occidental.

Fonte: CanalSolidario