Otras noticias
06/04/2008
Outras novas

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2008

A Campaña Mundial pola Educación (Global Campaing for Education) é unha coalición internacional formada por ONGs, sindicatos da contorna educativa, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo. Todos nós coincidimos en reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos do "Cume de Dakar" do ano 2000, onde a comunidade internacional comprometeuse a garantir o acceso a unha educación de calidade para todos e todas antes do ano 2015.

A Campaña Mundial pola Educación naceu para que este compromiso internacional valioso e necesario non pasase desapercibido. Por iso, o seu obxectivo é mobilizar á cidadanía para que esixan aos seus gobernos e á comunidade internacional que cumpran as súas promesas e responsabilícense do destino de millóns de persoas aos que se exclúe do dereito á educación.

Materiais da SAME 2008

Proposta Didáctica para Secundaria