Cada 17 de abril organizacións de todo o mundo celebran o Día Internacional da Loita Campesiña. Este ano, Nacións Unidas pon o acento na crise de alimentos que se vive a nivel mundial e que, segundo o organismo internacional, podería aumentar a situación de pobreza de 100 millóns de persoas que xa agora viven con poucos recursos. Manifestacións, folgas, ocupacións de terras abandonadas, bancos de sementes, campañas de recollida de firmas para modificar a lei. Iniciativas deste tipo lévanse a cabo en moitos países do planeta, desde o Estado Español ata Brasil, Arxentina ou a India. O propósito? Recordar o dereito do pequeno campesiñado e produtoras e produtores de alimentos a subsistir polos seus medios e pedir medidas que os protexan ante o modelo de agricultura actual.
Somos o que comemos e o que sementamos. Esta idea cala cada vez máis no Estado español, onde gobernos autonómicos (Canarias, Asturias, Baleares, Euskadi) e locais (Albacete, Vitoria, Palencia) declaráronse zonas libres de transxénicos. En Cataluña, a campaña "Somos o que Sementamos" recolle firmas para levar adiante unha iniciativa lexislativa popular que se opón aos cultivos transxénicos e defende os dereitos dos pequenos produtores. "Por mor das repetidas contaminacións por parte dos cultivos transxénicos desapareceron os produtores de millo ecolóxico", advirte a campaña, que tamén defende o dereito das consumidoras e consumidores a decidir o que compran.
Fonte: CanalSolidario