A pesar dos códigos de conduta que adoptaron a maioría das grandes marcas de roupa deportiva fai máis de 15 anos, o documento da campaña internacional "Xoga Limpo 2008" revela que os dereitos sindicais das súas traballadoras e traballadores son violados constantemente. O informe "Salvando obstáculos" mostra que estes empregados seguen sendo obxecto de "miserables" condicións laborais e gran presión, a fin de satisfacer as cotas de produción cun número excesivo de horas extraordinarias que non se contabilizan nin se remuneran. Ademais, segundo o documento, as traballadoras e traballadores destas multinacionais sofren "violencias verbais, ameazas contra a saúde e a seguridade, e as empresas para as que traballan incumpren a súa obrigación legal de proporcionarlles seguros médicos e similares.
Fonte: CanalSolidario