Otras noticias
28/04/2008
Outras novas

O RELATOR DA ONU ACUSA AO FMI DA TRAXEDIA DA FAME

Ziegler cualificou de "histórica e esencial" a reunión de onte en Berna das axencias e organismos da ONU co seu secretario xeral, Ban Ki-moon, para afrontar a crise alimentaria, e apelou aos doantes do Programa Mundial de Alimentos (PAM) da ONU a que aumenten as súas doazóns porque "en tres meses perdeu o 40 por cento do seu poder adquisitivo" pola subida dos prezos.

Setenta e cinco millóns de persoas no mundo "dependen para a súa supervivencia de que reciban as subministracións do PAM", recordou.

Fonte: ANOSATERRA DIARIO