Otras noticias
04/05/2008
Outras novas

O GASTO DE CATRO D&ÍAS DE GUERRA EN IRAK FREAR&ÍA A CRISE ALIMENTARIA MUNDIAL

A comunidade internacional debe doar 2.500 millóns de dólares de forma urxente. É a conclusión da reunión que mantiveron as 27 axencias, programas e organizacións de Nacións Unidas estes días en Berna tras as chamadas de alarma lanzadas por distintas organizacións internacionais, entre elas o Fondo para a Agricultura e a Alimentación (FAO), que cualificou de extremadamente grave a subida do prezo dos alimentos, que xerou "disturbios do fame" en 37 países en desenvolvemento.

A escalada dos prezos dos alimentos comportou unha crise global que xa se define como o «tsunami do fame» e que podería -de non conseguir freala- provocar «o estalido de disturbios sociais a unha escala sen precedentes», como sinalou o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon.

Fonte: CanalSolidario