Otras noticias
13/05/2008
Outras novas

ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE LOGROU DISTRIBU&ÍR AXUDA NO DELTA GRAZAS AO PERSOAL LOCAL

Facendo fronte aos numerosos obstáculos humanos e loxísticos, o equipo de Acción contra el Hambre en Myanmar reforzou as súas capacidades operativas e posto en marcha todos os mecanismos dispoñibles para asegurar as vías de acceso ás persoas damnificadas no sur do país, a través de camións e barcos.

Un primeiro equipo de cooperantes saía o 7 de maio de Yangon a Bogale. Vinte e catro horas despois dous camións de Acción contra el Hambre saían cara a esta localidade con sete toneladas de arroz e catro toneladas de material de auga e saneamento. Era a primeira axuda internacional en chegar á zona.

A negociación coas autoridades locais permitiu por fin iniciar a distribución da axuda o 12 de maio. A misión de Acción contra el Hambre, presente no país desde 1994, reforzouse con sete cooperantes máis e vai empregar entre 30 e 50 empregadas e empregados locais, que virán sumarse aos 300 previamente contratados. Son as únicas persoas autorizadas a circular na zona do delta polo momento.