Tal e como denuncian organizacións non gobernamentais e entidades en defensa dos Dereitos Humanos, o 15 de maio de 1948, a maioría da poboación palestina foi expulsada das súas terras, sufrindo, desde entón, a ocupación israelí e a violación constante dos seus Dereitos Humanos. Segundo a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestina en Oriente Próximo actualmente, ao redor de 4,5 millóns de palestinas e palestinos continúan vivindo como poboación refuxiada ou desprazada, esperando regresar aos seus fogares e reclamando o cumprimento das resolucións da ONU, favorables á causa palestina. A Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina promove a participación nas actividades polo Nakba, chamando ao boicot de calquera apoio institucional, social ou individual á celebración do 60º aniversario da creación do Estado de Israel.
Fonte: CanalSolidario