A pesar dos códigos de conduta que adoptaron a maioría das grandes marcas de roupa deportiva fai máis de 15 anos, o documento da campaña internacional "Xoga Limpo 2008" revela que os dereitos sindicais das súas traballadoras e traballadores son violados constantemente.
Ademais, segundo o documento, as traballadoras e traballadores destas multinacionais sofren "violencias verbais, ameazas contra a saúde e a seguridade, e as empresas para as que traballan incumpren a súa "obrigación legal" de proporcionarlles seguros médicos e similares.
Neil Kearney, secretario xeral da Federación Internacional de Traballadoras e Traballadores do Téxtil, Vestiario e Coiro, unha das organizacións que coordinan a campaña internacional "Xoga Limpo 2008", afirma que "as traballadoras e traballadores que fabrican os artigos vendidos polas principais marcas -Adidas, Asics, New Balance, Nike e Puma- seguen gañando salarios miserables, a pesar de que os beneficios das empresas disparáronse en centos de millóns de dólares, e ata ás veces en miles de millóns de dólares".
Para rematar, o documento sinala que, na fábrica chinesa de Joyful Long, que abastece a Adidas, Nike, Umbro e Fila, as horas extraordinarias poden chegar a alcanzar as 232 mensuais, mentres que os salarios medios representan case a metade do mínimo legal.