Segundo a organización, coa escalada do conflito en Somalia e a seca no Corno de África, as cifras de persoas que atravesan o Golfo de Adén van en aumento. No 2007, segundo datos da ONU, foron case 30.000 as persoas que emprenderon o perigoso viaxe a Iemen, e nos primeiros cinco meses de 2008 xa van máis de 20.000. No 2007 rexistráronse máis de 1.400 mortos na travesía e desaparecidos e no 2008 xa son perto de 400. Trátase dun "fenómeno descoñecido sen atención mediática, unha crise cuxas cifras de sufrimento son inapcetables", aseverou Noguera.
MSF salienta que as condicións da viaxe son tan duras que neste período se han rexistrado mortes durante a travesía nunha terceira parte das pateras. Os refuxiados viaxan en embarcacións de entre oito e dez metros de eslora, nos que teoricamente apenas caben 30 ou 40 persoas e nos que, non obstante, se hacina máis dun centenar. Os emigrantes viaxan "literalmente uns enriba doutros" e sen poder moverse durante a travesía. Os traficantes incluso castigan aos viaxeiros que se moven con "brutais malleiras", segundo MSF.
Esta situación afecta sobre todo aos nenos, a maioría dos desprazados son homes de entre 20 e 30 anos, pero tamén hai un 20 por cento de mulleres e moitos nenos. Ademais, a chegada á costa yemení resulta particularmente perigosa porque, para evitar os controles das patrullas militares, moitas pateras chegan de noite e non se achegan á praia. Nese momento, os traficantes obrigan aos pasaxeiros a lanzarse ao mar en augas profundas.
Fonte:AGARESO