Otras noticias
25/06/2008
Outras novas

CAMPAÑA POBREZA CERO CIBERACCIÓN ACTÚA AGORA

Os vindeiros 7, 8 e 9 de xullo, terá lugar en Xapón, a reunión anual do G8, onde os representantes dos oito gobernos máis influentes do mundo se atoparán para falar da crise alimentaria global, da suba dos prezos dos combustibles e de outros temas que nos afectan a todos.          Con motivo desta reunión, a Campaña Pobreza Cero pon en marcha unha ciberacción  para a recollida de adhesións da cidadanía. Trátase de esixirlle unha vez máis aos gobernantes mundiais, o cumprimento dos esquecidos e asinados Obxectivos do Milenio.

As adhesións conseguidas seranlle entregadas ao Primeiro Ministro de Xapón, na véspera da reunión.

            Convídase a tódalas organizacións a asinar e difundir esta ciberacción nas vosas web e entre os vosos socios e voluntarios. Para isto, pódese incluír un link á páxina de inicio da Coordinadora (onde xa esta colgada a ciberacción) ou directamente á páxina de Pobreza Cero. Os links son: www.galiciasolidaria.org.; www.pobrezacero.org.             Aqueles que queiran colgar na  web a ciberacción, poden facelo. Para recibir as instruccións, enviar un e-mail a coordinadora@galiciasolidaria.org., indicarase como. ACTÚA AGORA!!