Otras noticias
13/07/2008
Outras novas

ACCIÓN CONTRA A FAME PROPORCIONARÁ AUGA POTABLE E ALIMIENTOS A 22.500 AFECTADOS

Semanas despois do paso do tifón Fenghsen polo norte e sur de Filipinas, a maior parte da poboación afectada perdeu os seus fogares e non dispón da auga potable e o alimento necesario para saír adiante. Nas illas Corcuera e Banton do centro do país, máis de 80.000 persoas sufriron os efectos do tifón, mentres que na rexión de Mindanao, ao sur do país, case 60.000 persoas atópanse desprazadas e necesitan asistencia urxente.

Durante os próximos dous meses, Acción contra a Fame realizará unha intervención en urxencia nestas dúas rexións:

1. Nas illas Corcuera e Banton (Romblon), na zona central do país: Distribuirá alimentos e material básico de hixiene a 1.500 familias, é dicir, máis de 7.500 persoas. Todas elas perderon os seus fogares e os seus medios de vida, unha perda produtiva á que se engaden o incremento dos prezos de alimentos básicos como o arroz e o illamento destas illas do resto do país.

2. Nas provincias de Maguindanao e North Cotabato (Mindanao), ao sur do país: Distribuirá filtros domésticos para limpar ao auga, depósitos de 20 litros de auga por familia e produtos para a hixiene básica a máis de 15.000 persoas, co fin de que recuperen a normalidade canto antes. Acción contra o Fame non realizará ningún envío de material desde Madrid, todos estes insumos adquiriranse nos mercados locais.

"Nas illas Romblon (Corcuera e Banton) case o 100% da poboación perdeuno todo, mentres que en Mindanao, sete de cada dez persoas non poden dispor de auga potable ou alimentos. As inundacións provocadas polo tifón taponaron a maior parte dos pozos e alagaron os seus cultivos" explica Carlos Alegre, xefe de misión de Acción contra a Fame en Filipinas.

A organización traballa en Filipinas desde o ano 2000, en proxectos de auga e saneamento, seguridade alimentaria e prevención de desastres que benefician a máis de 35.000 persoas en todo o país. A intervención de urxencia conta co financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), a Axencia Catalá de Cooperación para o Desenvolvemento (ACCD) e Obra Social Caixa Madrid.

máis información:http://www.accioncontraelhambre.org/alai.php?p=1