O próximo 5 de setembro a Coordinadora Estatal de Comercio Xusto e a entidade Ideas organizan unha xornada na ExpoZaragoza para presentar o programa internacional de Cidades polo Comercio Xusto.
O programa busca o compromiso dos diferentes actores da cidade a favor do Comercio Xusto (administracións, empresas, sector comerciante polo miúdo e de restauración, comunidade educativa, consumidores?) e para iso establécense unha serie de accións e estándares que debe cumprir a cidade para conseguir o status de Cidade polo Comercio Xusto.
Esta ocasión representa unha boa oportunidade para que representantes das administracións públicas, universidades, empresas e outras organizacións coñezan ferramentas e experiencias prácticas de apoio ao Comercio Xusto. O acto desenvolverase con representantes do Concello de Bruxelas e Dublín que desenvolveron boas prácticas neste sentido. Falarase do programa desde un contexto europeo ata o estatal.
Contarase coa presenza de Carola Reintjes, Presidenta de IFAT Europa (Asociación Internacional de Comercio Xusto Europa), e de Branca Sánchez, responsable estatal do programa Cidades polo Comercio Xusto. Tamén haberá representación do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación Internacional, xa que o programa a nivel estatal realízase grazas ao financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).
Tras a degustación de produtos de Comercio Xusto, Laura Rodríguez, Coordinadora do proxecto de Compra Pública Ética na Administración Central do Estado, moderará a exposición dalgúns dos actores implicados nunha Cidade polo Comercio Xusto: as universidades, as empresas e a restauración. A asistencia é gratuíta e permite visitar o recinto da Exposición.
Máis información: