Otras noticias
30/09/2008
Outras novas

EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS PRESENTA UN CURSO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

A realización deste Curso de Educación ao Desenvolvemento, está enmarcado nun proxecto de sensibilización chamado “Acurtando distancias educativas: achégate a El Salvador”, co que Educación Sen Fronteiras pretende sensibilizar da necesidade dunha educación transformadora para conseguir un verdadeiro desenvolvemento.

Ademais deste curso o proxecto engloba unha exposición sobre o proxecto que desenvolve Educación Sen Fronteiras en El Salvador e unha serie de charlas/obradoiros por parte dun educador e da directora dunha organización local salvadoreña nas Facultades de CC Educación e Escolas de Maxisterio Galegas.

Obxectivos do Curso

Sensibilizar e formar ao profesorado que participe no curso, sobre a Educación para o Desenvolvemento e a interrelación existente entre os países do Sur e do Norte de cara a favorecer o desenvolvemento de valores e actitudes solidarias e comprometidas co logro dun mundo máis xusto, máis equitativo e máis sostible. Para eso ofreceremos recursos, teorías de renovación pedagóxicas e experiencias prácticas.