Foto: Cruz Vermella
O doutor Hassan Mshinda e o epidemiólogo Seth Owusu-Agyei, directores dos centros de saúde Ifkara Health Institute (Tanzania) e Kintampo Health Reseach Centre (Ghana), dúas das entidades premiadas co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 2008, mostráronse este martes moi pesimistas ante a posibilidade de erradicación da malaria en África. "Non estamos en posición de afirmar que sexa posible a erradicación", sentenciou o primeiro.
Ambos se expresaron neste sentido durante unha rolda de prensa concedida durante a súa visita a Oviedo, para recoller o galardón, na cerimonia que terá entrega o vindeiro venres. Os dous centros sanitarios aos que representan foron premiados xunto co Centro Investigaçao em Saúde de Manhiça (Mozambique) e The Malaria Research and Training Center (Mali), polo seu traballo investigador desenvolvido en favor da loita contra a malaria en África, enfermidade que causa un alto grao de mortalidade en infantil neste continente.
Preguntado polos xornalistas, Hassam Mshinda explicou que, a pesar dos avances que se poidan obter de face á elaboración dunha vacina contra este mal, "existe o problema da resistencia dos parásitos". É dicir, os axentes que causan o problema pódense acabar afacendo aos medicamentos empregados ao cabo dun tempo. Desde o seu punto de vista, actualmente só se pode pensar na posibilidade de erradicación "en zonas con niveis de contabio moi baixos".
Do mesmo xeito, o doutor Owusu-Agyei explicou: "estamos moi lonxe de conseguir a erradicación". Recordou neste punto que as cifras de contaxio "non só baixan, senón que a tendencia é á alza". "O noso obxectivo agora", matizou, "é cambiar esta tendencia", e unha das formas sería a eliminación ben do parásito, ben do mosquito que o transmite.
Ambos os doutores foron claros explicando a situación en África. "Un nai que agora mesmo teña un neno en Tanzania teñen un 50% de posibilidades de ver ao seu fillo crecer", afirmou Owusu-Agyei, para engadir logo: "nós mesmos somos afortunados de poder estar aquí porque padecemos e superado esta enfermidade".
POSIBLE VACÚA EN 2011
A esperanza de Owusu é que dentro de dous anos sexa posible "saber se teremos unha vacina para a malaria". Explicou que a partir de xaneiro do próximo ano iniciarase un proceso de investigación en diferentes zonas de transmisión alta, baixa e moderada do continente africano. En función da información solicitada nestas zonas durante un período de 24 meses, a partir da reacción ante diferentes tratamentos, o doutor espera determinar se existe xa unha vacina.
En caso afirmativo, explicou que sería necesaria unha lei de aplicación da mesma que permita o seu uso. "Todas as decisións que se tomen teñen que estar ao alcance de todo o mundo", afirmou, tras matizar que se trata de vacinas moi caras". Neste sentido, recordou que a situación "mellorou; antes era máis difícil, pero agora hai institucións públicas e privadas que seguen dando apoio".
A VACINA, UNHA FERRAMENTA MÁIS
No entanto, Mshinda recordou que a vacina é unha ferramenta máis, pero "ha de haber outros instrumentos" de face á loita contra a malaria, e entre eles mencionou a "cooperación internacional". "A vacina é unha ferramenta que se ha de despregar dentro do noso sistema sanitario, que é moi débil", e neste punto sinalou a necesidade do apoio da comunidade internacional, para que se poida despregar un sistema sanitario sostible".
Ambos os investigadores expresaron o seu agradecemento pola concesión do premio Príncipe de Asturias de Cooperación, o cal definiron como "un recoñecemento ao noso labor para mellorar a saúde pública do noso pobo e a intentar evitar que moitos nenos morran por este tipo de enfermidades".
Fonte: Europa press