Otras noticias
04/11/2008
Outras novas

FARMACÉUTICOS MUNDI PRESENTA EN GALICIA O CURSO “A SAÚDE NO MILENIO: UNHA SINATURA PENDENTE II”

 

O curso, que xa tivo unha primeira edición en decembro do 2006, está dirixido principalmente a estudiantes do ámbito sanitario, así como para estudiantes de másters e estudios de postgrao en temas de saúde, cooperación e/ou políticas públicas.

Os organismos internacionais, as ONGD e outras institucións puxeron en marcha algunhas iniciativas para avanzar na loita contra as desigualdades. Unha iniciativa global é a dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, suscrita por 191 membros de Nacións Unidas para poñer fin á pobreza e mellorar as condicións de vida de toda a humanidade antes do 2015. Pasados seis anos dende o nacemento dos Obxectivos de Desenvolvemeto do Milenio, este curso é un bo momento para informar á poboación da sua existencia, avaliar a situación dos Obxectivos en materia de saúde e coñecer as iniciativas que se están a levar a cabo para acadalos.

Os Obxectivos do Milenio relacionados coa saúde  e nos que  centra  Farmamundi a súa actividade son:

Obxectivo 4: Reducir a mortalidade infantil                      Meta 5: Reducir en dúas terceiras partes, entre 1990 e 2015, a tasa de mortalidade dos nenos menores de 5 anos.                          

Obxectivo 5: Aumentar a saúde materna                      Meta 6: Reducir en tres cuartas partes, entre 1990 e 2015, a taxa de mortalidade materna.                                                     

Obxectivo 6: Combatir o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades.

                      Meta 7: Deter e comezar a reducir a propagación do VIH/SIDA

                      Meta 8: Deter e comezar a reducir a incidencia do paludismo e outras enfermidades graves.