Este cibermaraton quere explicar que é a desnutrición, cales son as súas causas, as súas consecuencias, como medila e como tratala, ademais de invitar á sociedade a participar de forma activa na Campaña, tanto a través de donativos, coma da sinatura do manifesto da Campaña.
Neste manifesto solicítase ao goberno español que inclúa a desnutrición como prioridade estratéxica no seu Plan Director alén do tratamento con alimentos terapéuticos listos para usar como solución ou ben difundila de diversas maneiras
Recentemente inaugurouse un Centro de Nutrición en Madrid.
En Galicia Médicos sen Fronteiras realizou un reparto directo de Medidores do perímetro braquial dos nenos (MUAC's), gracias aos voluntarios, acompañado dunha charla sobre desnutrición no Hospital Clínico de Santiago. No reparto indirecto dos MUAC's contouse co apoio de TUSSA, Arriva (buses), cines Valle Inclán, Oficina de Voluntariado da USC, e a empresa R (a nivel dos seus traballadores).
Estos MUAC's con información no seu dorso sobre a desnutrición e o tratamento revolucionario que MSF quere impulsar queren ser os difusores ademais do Cibermaraton contra a desnutrición infantil que se lanzou o pasado 3 de novembro.
MÁIS INFORMACIÓN