Otras noticias
18/11/2008
Outras novas

O SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ CELEBRA O D&ÍA DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA

O 20 de Novembro de 1989 a Asemblea das Nacións Unidas aprobou a que se coñece como Convención sobre os Dereitos do Neno vixente na actualidade e sobre a base de declaracións anteriores que se remontan ó século pasado, como a Declaración de Xenebra de 1924 e a posterior de 1959.   A Convención, que complementa a Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, da que celebramos este ano o seu 60 Aniversario (1948-2008), e que inclúe dereitos como a educación, a familia, a saúde, a non ser obrigado a traballar, a ser escoitado, a ter un nome, alimentación, asociación, á non discriminación e a non ser maltratado, aínda non foi ratificado por varios estados, entre eles, o Vaticano, os EE.UU e algúns países árabes.   O Seminario Galego de Educación para a Paz pon en marcha, a partir de hoxe, unha ampla campaña de sensibilización en colexios e institutos, tamén na sociedade, na que pretende xuntar as celebracións do Día Internacional dos Dereitos de Nenos e Nenas (20 de Novembro), o 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de Decembro) e o Día Escolar pola Paz (30 de Xaneiro) ofertando na súa páxina web: www.sgep.org un apartado específico no que o profesorado pode baixar por impresora unha moi completa selección de materiais didácticos, recursos, textos, vídeos, exposicións, poemas, bibliografía... para realizar diversas actividades colectivas e de aula.   Paralelamente, organiza diversos actos conmemorativos en colaboración co Consello da Cultura Galega e o Colexio de Avogados de Santiago, ou no marco da Iniciativa polos Dereitos Humanos da que forman parte distintas entidades da sociedade civil galega, entre os cales destaca o que terá lugar o mesmo día 10 de Decembro coa intervención de D. Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz, D. Manuel Ollé, presidente da APDH (Asociación pro Dereitos Humanos) e D. Evaristo Nogueira, decano do Colexio de Avogados de Santiago.

FONTE: SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ