Otras noticias
26/11/2008
Outras novas

O FOTÓGRAFO GALEGO JOSÉ CENDÓN FIGURA ENTRE OS CATRO SECUESTRADOS EN SOMALIA

Foron secuestrados este mércores por milicianos armados en Bosasso, ao norleste de Somalia, segundo as autoridades locais. Os familiares de Cendón en Galicia foron informados, dixo á AFP o portavoz citado, quen engadiu que o reporteiro gráfico "parecía estar en Somalia".

A súa irmá Julia declarou a Radio Nacional de España que están "esperando a que se pida un rescate". Cendón, que vive habitualmente en Addis Abeba, traballa no leste de África coma colaborador para varios medios, entre eles á AFP. No momento do seu secuestro, non estaba nunha misión para dita axencia.

Bosaso é a capital económica da rexión separatista de Puntland, ao norleste de Somalia, onde se  multiplicaron os raptos de xornalistas e empregados de organizacións humanitarias.

"Temos informes que din que dous xornalistas estranxeiros foron secuestrados xunto con dous xornalistas locais. Os dous estranxeiros son un británico e un español", dixo por teléfono á AFP o viceministro para os portos mariños de Puntland, Abdulkebir Musa, quen engadiu que o secuestro produciuse sobre as 11h local, cando os xornalistas abandonaban o hotel para ir ao aeroporto, e que ninguén se ten atribuído o secuestro ata agora.

Segundo o viceministro, "a policía pechou todas as saídas de Bosaso e puxo os seus investigadores na tarefa de reunir testemuñas, para intentar dar co seu paradoiro e saber quen os secuestrou". Os xornalistas estranxeiros e os cooperantes son branco frecuente das bandas en Bosaso, un porto pragado de grupos armados con actividades que van do contrabando de armas ao tráfico de emigrantes polo golfo de Adén.

O administrador do hotel International Village, onde os dous xornalistas europeos se aloxaban, Abdullahi Yusufm, indicou que estes partiron das súas instalacións cara as 10 da mañá hora local, acompañados polo seu asistente local. "Eles reservaran o seu voo a véspera e dixéranme que se dirixían cara Yibuti", sinalou.

Un axente da compañía aérea Dallo en Bosaso, Mohamed Sheikh, confirmou que os xornalistas tiñan reservadas prazas no voo que partiu cara Yibuti. Unha fonte do aeroporto en Yibuti confirmou que o voo de esa compañía proveniente de Bosaso chegou normalmente pero que nel non viaxaron os xornalistas europeos, información que confirmou igualmente a policía do aeroporto e de fronteiras.

Puntland, un auto proclamado Estado do norleste de Somalia, é tamén terra de piratas, que nestes últimos meses secuestraron a varios barcos estranxeiros. En agosto, dous xornalistas independentes, un australiano y un canadense, foron secuestrados nas aforas da capital somalí, Mogadiscio.

En decembro de 2007, un cámara francés foi secuestrado e retido durante oito días por milicianos locais en Bosaso. Finalmente, un alemán e a súa esposa somalí tamén foron secuestrados brevemente en Puntland en setembro. 

 

fonte:noticias yahoo

Máis información 20minutos.es