Otras noticias
15/12/2008
Outras novas

TERRA DE HOMES PRESENTA UNHA OBRA DE TEATRO EN CONTRA DO TRÁFICO DE NENOS

A colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Educación, e a organización non gubernamental Terra de Homes, permite no marco da campaña de sensibilización “Stop ao Tráfico de nenos” a representación en Compostela da obra “O libriño non me levou ao país das marabillas”,  do grupo “Trotaconventros Teatro”,  que dirixe Carlos Freire.

Esta obra  é unha denuncia do tráfico de nenos con fins de prostitución infantil, da explotación laboral  e da participación dos menores en conflitos armados.  Escenificarase un caso de tráfico de nenos e nenas nun país do Este de Europa, co obxectivo de sensibilizar á opinión pública sobre esta lacra que afecta cada ano  a un millón e medio de nenos e nenas de todo o mundo.

A obra, de 80 minutos de duración, está dirixida a público a partir dos 12 anos. A representación, cuxa entrada é de balde ata cubrir o aforo, terá lugar no teatro Principal a partir das 1930.