A axencia da ONU para os refuxiados palestinos (UNRWA) suspendeu onte as súas operacións en Gaza tras a morte, onte, dun condutor por lume do Exército israelí contra un dos seus convois humanitarios. "Non podemos continuar operando deste xeito" dixo a Efe en Xerusalén un dos portavoces da UNRWA, Francesc Claret.
"Pedimos que se nos garanta a seguridade para levar a cabo as nosas operacións, que se respecte o dereito humanitario e a Convención de Xenebra e se deixe operar os actores humanitarios", engadiu.
O convoi, de vehículos dunha empresa contratada pola UNRWA, cando foi atacado "estaba claramente marcado coa bandeira das Nacións Unidas e o seu percorrido coordinouse coas Forzas Armadas israelís", subliñou o portavoz.
Mentres tanto continúa a ofensiva militar de Israel en Gaza que xa entrou onte no seu décimo terceiro día mentres o Exército se mantén en alerta no norte do país, onde caeron onte tres foguetes Katiushas lanzados desde o sur do Líbano.
Fonte:Galicia Hoxe
Máis información: