Otras noticias
09/01/2009
Outras novas

ESPAÑA ENV&ÍA DOUS AVIÓNS CON AXUDA HUMANITARIA A GAZA

España, a traveso da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) enviou hoxe 54 toneladas de material de axuda humanitaria para a poboación palestina afectada pola crise en Gaza. A axuda parte en dous avións dende a base militar de Torrejón de Ardoz, en Madrid. O seu destino é o aeroporto xordano de Marqa.

O primeiro dos avións, con materiais aportados pola AECID, transporta 6.360 mantas, 1.048 kits hixiénicos familiares e 19 palets de cueiros infantís. O segundo, con contido subministrado por Cruz Roja española, porta 2.000 kits de cociña, outros 2.000 kits hixiénicos familiares e 2.500 lonas plásticas.

En Amman, parte da axuda será entregada á Hachemite Foundation, que a súa vez a enviará a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos (UNRWA) para a  súa introdución en Gaza cando as condicións o permitan. A outra parte, os materiais aportados por Cruz Roja española, entregaranse para a súa distribución ao Comité Internacional da Cruz Roja e da Media Luna Roja Palestina a traveso da Media Luna Roja xordana.

Fonte:AECID