Otras noticias
13/01/2009
Outras novas

V EDICIÓN DAS XORNADAS DE ESTRATEXIAS POSITIVAS DE DESENVOLVEMENTO: BILBAO 27 A 29 DE XANEIRO

Os vindeiros días 27, 28 e 29 de xaneiro o Departamento de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno Vasco, organiza conxuntamente co Concello de Bilbao a V Edición das Xornadas sobre Estratexias Positivas de Desenvolvemento. Estas xornadas, pretenden dotar dun marco teórico ao concepto de violencia contra as mulleres e presentar unha ampla definición do mesmo, desligándoo de concepcións limitadas que relacionan a mesma unicamente coa agresión física.

O enfoque, quere asemade separarse da concepción das mulleres só coma vítimas, e transmitir as opcións e loitas que elas mesmas propoñen, salientando o empoderamento e a organización das mulleres coma elementos fundamentais para a superación, a prevención e a erradicación da violencia.

O relatorio inaugural o realizará Rosa Cobo, Doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía e Profesora da Universidade da Coruña, e nas sesións sucesivas contará con diversas representantes e expertas de asociacións e institucións para a defensa da muller, coma Liliana Wung, de Nuevos Horizontes, Guatemala; Regina Fonseca, do Centro de Derechos de las Mujeres, Honduras; Berhane Ras-Work, Presidenta do Comité Interafricano contra prácticas tradicionais que afectan a saúde das mulleres e as nenas, ou Alejandra López, Directora de Mujer y Salud, Uruguai.

O último bloque, centrado na violencia social e cultural, contará con tres relatorios e rematará cunha mesa redonda sobre a “Cooperación ao Desenvolvemento e os Movementos Feministas”.

Máis información: