Otras noticias
14/01/2009
Outras novas

Médicos Sen Fronteiras publica o informe:"As dez crises humanitarias máis desatendidas do 2008"

Desprazamentos masivos de poboación civil, violencia, e necesidades médicas sen cubrir na República Democrática do Congo (RDC), Somalia, Iraq, Sudán, Etiopía e Paquistán, xunto a emerxencias médicas esquecidas en Myanmar ou Zimbabwe, son algunhas das emerxencias máis graves rexistradas no mundo o ano pasado, segundo o informe “As dez crises humanitarias máis desatendidas do 2008”, publicado hoxe por Médicos Sen Fronteiras en España. A falla de atención global á crecente co- infección VIH - tuberculose e a crítica necesidade dun maior esforzo para prever e tratar a desnutrición infantil completan a lista.

“Detrás deste informe están millóns de persoas afectadas por guerras e por enfermidades, cunhas necesidades de saúde inmediatas que se ven relegadas ao esquecemento e cun sufrimento que a miúdo pasa desapercibido. Son crises de grande magnitude, nas que os actores implicados ou con capacidade de influencia ignoran á poboación civil, mentres que as organizacións humanitarias apenas poden cubrir unha pequena parte das enormes necesidades ou ás veces nin sequera conseguen acceder a quen require axuda urxente”, explica María Díaz Martínez.

Máis información: