Otras noticias
21/01/2009
Outras novas

Onde habitualmente se enxalza a loita contra a SIDA, a prisión dos activistas é unha sorpresa

As organizacións de Dereitos Humanos, os grupos de promoción da saúde e algúns gobernos estranxeiros, uníronse na condena a Senegal polo encarceramento de nove activistas locais na loita contra a SIDA.

Estas persoas foron arrestadas o pasado 19 de decembro, xulgados en dúas semanas e condenados a oito anos de prisión por “actos contra natura” e “pertenza a asociación criminal”. A súa organización, AIDES Senegal, repartía preservativos e daba asesoramento aos homosexuais. Human Rights Watch informou de que estes homes foron golpeados no momento da súa detención.

O arresto e a severa sentencia chama a atención pois Senegal foi moi eloxiada polo seu manexo da epidemia, e erixirse coma modelo para o resto de África. Só dez días antes das detencións, o país foi anfitrión dunha conferencia internacional sobre a SIDA.

Facer da homosexualidade un crime, é a maior barreira para deter a epidemia, segundo afirma Michel Sidibé, novo director executivo de ONUSIDA.

A súa axencia, o Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, a International AIDS Society e os gobernos francés e sueco, atópanse entre os que reclaman a liberación destes homes.

A fonte : International Herald Tribune

Máis información: