Proxectos

Melloras das capacidades de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado e do profesorado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión

O proxecto EpDLab Fase 5 é un proxecto multimedia de comunicación para o desenvolvemento no que participan 5 centros educativos de 5 concellos de diferentes puntos de Galicia -Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión- e máis de Latinoamérica: os centros de ensino dos bateys de La Cubana e Olivares, no municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, na República Dominicana, que participa a través dunha actividade concreta.

O obxectivo principal de EpDLab é a mellora da capacidade de reflexión crítica e o uso das TIC como ferramenta de comunicación para o cambio social no alumnado e no profesorado de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión. O proxecto traballará na produción de contidos transmedia ao redor de tres bloques temáticos: o sexismo e a igualdade de xénero, os prexuízos raciais e a interculturalidade e as relacións Norte-Sur e o consumo responsable.

Tanto alumnado como profesorado recibirán formación no uso activo e responsable das TIC para a defensa dos valores como a igualdade, a tolerancia, a defensa dos dereitos humanos, a co-responsabilidade, o consumo e a loita contra a desigualdade global. Tanto os contidos creados como a metodoloxía de traballo empregada son publicados na web do proxecto (www.epdlab.gal) para que poidan ser consultados e mesmo replicados, tanto polos centros participantes como polo resto da comunidade educativa.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Sensibilización social respecto as causas da desigualdade global e o papel da comunicación como motor de transformación social na educación secundaria.

Obxectivo específico: Mellora da capacidade de reflexión crítica e xeración de produtos audiovisuais educomunicativos do alumnado e profesorado de secundaria de Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e Brión.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Implementado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto, xunto co profesorado.

A.1.1.1 Encontro de coordinación e formación do profesorado participante no proxecto.

A.1.1.2 Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto e do plan de seguimento.

A.1.1.3 Elaboración de enquisas ao profesorado e ao alumnado sobre uso das ferramentas, prexuízos e niveis de satisfacción co proxecto.

A 1.1.4 Elaboración liña base.

A 1.1.5 Implementación de tres ferramentas de avaliación de impacto específicas para EpDLab.

RE 1.2. Aumentada a competencia mediática do alumnado e a capacidade de reflexión crítica sobre desigualdade global, racismo, machismo, desenvolvemento sustentable, interculturalidade e cooperación.

A.1.2.1 Dous obradoiros sobre sexismo e representación da identidade nos medios.

A.1.2.2. Obradoiro sobre a veracidade das mensaxes e os roles dos colectivos nos medios de comunicación.

A.1.2.3 Obradoiro sobre migracións e tratamento informativo: a linguaxe importa.

A 1.2.4 Obradoiro sobre comunicación en positivo contra la discriminación.

A 1.2.5 Obradoiro sobre a realidade de mozas e mozos de Dominicana.

A 1.2.6 Obradoiro sobre medioambiente, o consumo responsable e a economía solidaria coa visión “glocal”.

A 1.2.7 Obradoiro sobre Cooperación Internacional e Voluntariado.

A 1.2.8 Obradoiro sobre interrelacións Norte-Sur, activismo e cambio social/ Obradoiro sobre cooperación internacional, activismo e cambio social.

RE 1.3 Melloradas as competencias do alumnado en traballo en equipo, resolución de conflitos e exposición pública das súas opinións.

A 1.3.1 Reunións de deseño e coordinación do hackathon e as presentacións públicas.

A 1.3.2 Encontro entre os 5 centros para o intercambio de experiencias e creación dunha acción  conxunta de comunicación.

A 1.3.3 Presentación nos 5 centros educativos dos resultados finais dos proxectos.

RE 1.4 Transferidos os coñecementos, metodoloxías e contido do EpDLab a profesionais da educación e a comunicación.

A 1.4.1 Curso de formación para o profesorado e base social sobre Novas Narrativas Dixitais a través do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación).

A 1.4.2 Encontro de Educomunicación e Comunicación para o Cambio Social.

A 1.4.3 Presentación do proxecto en  2 xornadas sobre proxectos de ED e innovación social.

A 1.4.4 Elaboración de guías de uso para que centros alleos ao proxecto poidan empregar as ferramentas didácticas do EpDLab.

A 1.4.5 Campaña específica de difusión nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización dos resultados dos obradoiros.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación directa son  un total de 179 persoas, conformadas por 80 alumnas, 70 alumnos, 6 profesores e 8 profesoras responsables do proxecto en cada centro (incluído o de República Dominicana) e outros/as 15 docentes que acudirán á formación  homologable polo CAFI e dos cales polo menos metade serán mulleres.

Clasifícanse tamén como participantes directos aos mozos e mozas das escolas de La Cubana e Olivares, en República Dominicana. Serían dúas aulas de 5º e 6º de primaria, nas que están matriculados 35 persoas (17 alumnas, 18 alumnos).

Indirecta: Composta polo resto do profesorado e alumnado dos centros nos que se traballa o proxecto: 91 homes, 100 mulleres, 707 nenos e 814 nenas. Ao finalizar o proxecto realizarase unha actividade de difusión dos resultados dentro do centro, a cal será definida por profesorado e alumnado e priorizará a difusión do proxecto no seu entorno físico máis próximo. Polo tanto, esta actividade chegará ao resto de alumnos e alumnas dos centros (1515 nenos e nenas), así como a boa parte da poboación que rodea aos centros, un total de 62702 persoas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 34.991,00 € (2019: 13.996,40 €; 2020: 20.994,60 €)