AS BOLSEIRAS E BOLSEIROS DA DIRECCIÓN XERAL VISITAN A SEDE DA AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL
Alí foron recibidos pola directora do Gabinete Técnico, Lola Martín Villalba, para posteriormente entrevistarse cos responsables técnicos dos programas rexionais dos países nos que realizarán as súas estancias. Nicaragua, Perú, Bolivia e Guatemala son os países onde as bolseiras e bolseiros realizarán as súas prácticas profesionais no terreo da cooperación internacional, que durarán entre seis e doce meses. Tamén está previsto que dúas das bolseiras inicien o seu período formativo na propia Dirección Xeral de Cooperación Exterior.
A concesión destas bolsas resposta a un dos obxectivos do Plan Director da Cooperación Galega, como é a formación de persoal especializado para fortalecer o sistema galego de cooperación. Deste xeito persoas con formación en cooperación para o desenvolvemento poden familiarizarse cos procedementos administrativos e adquirir unha valiosa experiencia participando en proxectos no terreo.
Foto: AECI/Pepa Acedo