Novas de Cooperación Galega
22/01/2007
Xeral

AS BOLSEIRAS E BOLSEIROS DA DIRECCIÓN XERAL VISITAN A SEDE DA AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Alí foron recibidos pola directora do Gabinete Técnico, Lola Martín  Villalba, para posteriormente entrevistarse cos responsables técnicos dos programas rexionais dos países  nos que realizarán as súas estancias. Nicaragua, Perú, Bolivia e Guatemala son os países onde as bolseiras e bolseiros  realizarán as súas prácticas profesionais no terreo da cooperación internacional, que durarán entre seis e doce meses. Tamén está previsto que dúas das bolseiras inicien o seu período formativo na propia Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

A concesión destas bolsas resposta a un  dos obxectivos do Plan Director da Cooperación Galega, como é a formación de persoal especializado para fortalecer o sistema galego de cooperación. Deste xeito persoas con formación en cooperación para o desenvolvemento poden familiarizarse cos procedementos administrativos e adquirir unha valiosa experiencia participando en proxectos no terreo.

Foto: AECI/Pepa Acedo