Proyectos

COMUNIDADES SALUDABLES SOSTIBLES E VIDA DIGNA DA POBOACIÓN DA MICROCONCA YATÚN, PROVINCIA DE CUTERVO (PERÚ) III FASE

OBXECTIVOS

 Continuar o proceso de desenvolvemento para a mellora das condicións de saúde e vida digna das mulleres, nenas e nenos da Microconca do Río Yatún no marco dun proceso de desenvolvemento integral sostible. Fomentar unha alianza coas familias de doce comunidades da Microconca do Río Yatún, que asegure un medio ambiente san e sostible. Preténdense tamén  reducir á metade o consumo de leña, coa instalación de cociñas melloradas, letrinas sanitarias e reforestación con especies nativas. Deste xeito desenvolveranse as capacidades das mulleres para xestionar o melloramento continuo do estado de saúde e salubridade familiar, a equidade de xénero e os dereitos humanos.
 
BENEFICIARIOS

Directos: 360 familias (1.260 mulleres e 1.260 homes)
Indirectos: 720 familias (2.520 mulleres e 2.520 homes)

ACCIÓNS

- Instalación de cociñas melloradas
- Reforestación (viveiros)
- Instalación de letrinas
- Capacitación (cursos de formación)

Año: 
2006
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Proyectos en el exterior ONGD
Región: 
América del Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Cajamarca (departamento)
Cutervo (provincia)
Agentes: 
AMIGOS DE ESCAES-PERÚ
Ayudas: 

140.000 EUROS