COMUNIDADES SALUDABLES SOSTIBLES E VIDA DIGNA DA POBOACIÓN DA MICROCONCA YATÚN, PROVINCIA DE CUTERVO (PERÚ) III FASE
OBXECTIVOS
Continuar o proceso de desenvolvemento para a mellora das condicións de saúde e vida digna das mulleres, nenas e nenos da Microconca do Río Yatún no marco dun proceso de desenvolvemento integral sostible. Fomentar unha alianza coas familias de doce comunidades da Microconca do Río Yatún, que asegure un medio ambiente san e sostible. Preténdense tamén reducir á metade o consumo de leña, coa instalación de cociñas melloradas, letrinas sanitarias e reforestación con especies nativas. Deste xeito desenvolveranse as capacidades das mulleres para xestionar o melloramento continuo do estado de saúde e salubridade familiar, a equidade de xénero e os dereitos humanos.
BENEFICIARIOS
Directos: 360 familias (1.260 mulleres e 1.260 homes)
Indirectos: 720 familias (2.520 mulleres e 2.520 homes)
ACCIÓNS
- Instalación de cociñas melloradas
- Reforestación (viveiros)
- Instalación de letrinas
- Capacitación (cursos de formación)
140.000 EUROS