O lanzamento do Informe sobre o Estado da Poboación Mundial 2006, foi presentado no Centro de Información das Nacións Unidas para México, Cuba e República Dominicana, o día 5 de setembro de 2006. O informe, elaborado anualmente polo Fondo de Poboación das Nacións Unidas, analisa a situación da poboación no mundo. Nesta ocasión, o seu tema central é a situación mundial da migración internacional da muller.