Proyectos
-
PLAN DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL EN LOS MINA NORTE. REPÚBLICA DOMINICANA
OBXECTIVOS
Mellorar as condicións de vida das persoas dos barrios de Vietnam, La Barquita e Katanga do sector Los Mina Norte de Santo Domingo Este, na República Dominicana. Mellorar as condicións de saúde, socioeconómica e de seguridade fronte a desastres naturais, dos 10.250 habitantes dos barrios de Vietnam, La Barquita e Katanga do sector Los Mina Norte de Santo Domingo Este, con especial incidencia nas mulleres con ingresos económicos máis baixos.
ACCIÓNS
-
PARTICIPACIÓN E INCIDENCIA ENTORNO ÁS MORTES VIOLENTAS DAS MULLERES EN GUATEMALA
OBXECTIVOS
Fortalecer o papel protagónico, autónomo e colectivo das organizacións contraparte e a súa vinculación co movemento de mulleres. Deste xeito o que se pretende e que estas organizacións ao finalizar o proxecto, teñan realizado propostas dirixidas ao Estado relacionadas co cesamento das mortes violentas de mulleres nos departamentos de Sololá, Chimaltenango y Guatemala
-
COOPERACIÓN DA UDC CON TIMOR LESTE PARA O FORTALECEMENTO E DESENVOLVEMENTO INSTITUCIONAL DA UNTL-CNIC, IMPLEMENTACIÓN DE NOVOS CURRÍCULOS ACADÉMICOS E REALIZACIÓNS DE INVESTIGACIÓNS CONXUNTAS SOBRE PROBLEMAS SOCIA
OBXECTIVOS
-
PROMOCIÓN DA SAÚDE EN COMUNIDADES DE ECONOMÍA FRÁXIL. MOZAMBIQUE
OBXECTIVOS
Promover a saúde no municipio da Matola a través da formación dos elementos máis activos da comunidade que actuarán como axentes de terreo. Construír un centro de promoción da saúde. Por en marcha unha campaña de sensibilización sobre a saúde entre a poboación e as autoridades locais e para dar a coñecer o proxecto.
ACCIÓNS
-
FORTALECEMENTO TÉCNICO E FORMATIVO PARA A CONSOLIDACIÓN DA UNIDADE DE HIDROXEOLOXÍA DO DEPARTAMENTO DE HIDRÁULICA DA R.A.S.D
OBXECTIVOS
Favorecer o coñecemento e a xestión racional dos recursos hidroxeolóxicos da área na que se asentan as persoas poboación refuxiada saharauí, para a mellora do abastecemento, tanto en parámetros de cantidade como de calidade, priorizando a formación de persoal técnico local. Fortalecemento formativo da persoal técnico saharauí e capacitación na xestión racional dos recursos hídricos. Fortalecemento tecnolóxico e equipamento técnico da Unidade de Hidroxeoloxía da R.A.S.D.
ACCIÓNS
-
FORMACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A AVALIACIÓN INTEGRAL DOS RESURSOS HÍDRICOS NO PROGRAMA HIDROSANITARIO DAS COMUNIDADES RURAIS DO DISTRITO DE SAME. TANZANIA
OBXECTIVOS
Diminución da mortandade infantil a través do acceso á auga potable e ao saneamento básico. Favorecer o coñecemento dos recursos hídricos da zona de actuación de cara a establecer as solucións de abastecemento e saneamento máis adecuadas, priorizando a formación do persoal técnico local. Sensibilizar á sociedade galega en xeral e á comunidade universitaria en particular, respecto do grave problema de acceso á auga potable e a saneamento básico nos países menos desenvolvidos da África subsahariana.
-
ANÁLISE DE VIABILIDADE DUN CENTRO DE REFERENCIA DE INDUSTRIAS LÁCTEAS PARA AMÉRICA LATINA. URUGUAI
OBXECTIVOS
-
PROSPECCIÓN DE NECESIDADES FORMATIVAS EN PYMES LÁCTEAS CENTROAMERICANAS. GUATEMALA
OBXECTIVOS
-
FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES LOCAIS PARA A XESTIÓN DO DESENVOLVEMENTO LOCAL NAS COMUNIDADES AYMARAS DO MUNICIPIO DE QUIME, NO DEPARTAMENTO DE LA PAZ. BOLIVIA
OBXECTIVOS
-
IMPLANTACIÓN E PROMOCIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES EN CUBA
OBXECTIVOS
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- …
- seguinte ›
- última »