Proyectos

  • APOIO A ACTIVIDADE PESQUEIRA DAS COMUNIDADES PESQUEIRAS ARTESANAIS DO LAGO DE NICARAGUA E RÍO SAN JUAN

    OBXECTIVOS

    - Mellora das condicións de venda da produción pesqueira, de xeito que se manteña o valor nutritivo, a calidade e a inocuidade do produto, aumentando o seu valor económico

    - Establecemento dun sistema de boas prácticas de manipulación e hixiene para aplicar en todo o proceso

    - Continuar apoiando ás organizacións de pescadores que teñan amosado iniciativas para traballar en equipo

    ACCIÓNS

  • APOIO AO MINISTERIO DE PESCA DE MOZAMBIQUE

    OBXECTIVOS

    - Mellorar a capacidade técnica do Ministerio de Pesca

    - Apoio ao Laboratorio de Inspección de Pescado e ao Instituto de Investigación Pesqueira 

    ACCIÓNS

    - Aluguer dunha embarcación para a realización dos estudos sobre o ”camarao de superficie”

    - Desprazamento a Maputo dun técnico experto en bases de datos para concluir a instalación e operacionalización da base de datos SIRENO

  • APOIO A CONSTRUCIÓN DA INFRAESTRUTURA DUN MERCADO CENTRAL DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS NA CIDADE DE TEGUCIGALPA, FRANCISCO MORAZÁN

    OBXECTIVOS - Mellorar as condicións de comercialización e calidade dos produtos pesqueiros, así como as condicións sanitarias e ambientais dos produtos pesqueiros consumidos pola poboación da cidade de Tegucigalpa e os seus arredores
    - Apoio a construción da infraestrutura necesaria para concentrar as actividades que se desenvolven na comercialización dos produtos pesqueiros nun mercado central da cidade capital  
    - Complementar  o ordenamento, xestión e funcionamento das  actividades do mercado de venda de produtos pesqueiros

  • CONSTRUCIÓN DUN CENTRO DE TRANSFORMACIÓN E VENDA DE PRODUTOS PESQUEIROS EN LAS LISAS (GUATEMALA)

    OBXECTIVOS

    - Mellorar a comercialización do produto do sector da pesca artesanal

    - Mellorar o acceso do pescador artesanal ao mercado mediante a posta en marcha dun centro de acopio de peixe na aldea de Las Lisas

    ACCIÓNS 

    - Asignación de terreo con participación municipal para a creación dun centro de acopio

  • CONSOLIDACIÓN DO CENTRO DE FORMACIÓN PESQUEIRA DE BOLAMA

    OBXECTIVOS

    - Reforzar a capacidade formativa do centro de formación pesqueira de Bolama

    - Apoiar estruturalmente ao PRODEPA e ao centro de formación

    - Fortalecer a capacidade de xestión do centro

    ACCIÓNS

    1. Reforzo da capacidade formativa
    · Estudio previo.
    · Definición das áreas formativas a impartir a corto e medio prazo. Adecuación aos estándares formativos internacionais.

  • APOIO ÁS ACTIVIDADES DE PROCESAMENTO DA PESCA ARTESANAL NA ILLA DE SAN CRISTOBAL E ELABORACIÓN DUN PLAN DE DESENVOLVEMENTO LOCAL SOSTIBLE PARA A PROVINCIA DE GALÁPAGOS (ECUADOR)

    OBXECTIVOS

    -Manter a integridade ecolóxica e a biodiversidade do Parque Nacional Galápagos mediante unha xestión sostible dos recursos pesqueiros e das actividades desenvolvidas nas áreas urbanas, co que a cidadanía (especialmente os pescadores artesanais) ven mellorada a súa calidade de vida

    -Xestionar os recursos pesqueiros dun xeito ambientalmente sostible e económicamente rendible por parte dos pescadores artesanais da illa de San Cristóbal

  • ACCIÓNS DE FORMACIÓN, DIAGNOSE E EQUIPAMENTO DE EQUIPOS DE VIXILANCIA E INSPECCIÓN PESQUEIRA

    OBXECTIVOS

    - Propiciar vínculos de cooperación e apoio entre rexións en materia de pesca e acuicultura co fin de influir positivamente no desenvolvemento do sector

    - Favorecer a conservación e manipulación de recursos pesqueiros  mediante a aplicación de accións de inspección e vixilancia pesqueira en cada un dos países participantes: Cabo Verde, Guinea Bissau e San Tomé e Príncipe

    ACCIÓNS

  • PROXECTO PARA A PRESERVACIÓN DO BOSQUE SECO CHIQUITANO (BOLIVIA)

    OBXECTIVOS

    - Promover o desenvolvemento das poboacións locais a través do aproveitamento sostible do bosque na rexión chiquitana

    -Garantir un maior reservorio local da biodiversidade dos bosques baixo un aproveitamento legal e sostible  

    -Consolidar os eslabóns máis avanzados da cadea de valor agregado da madeira

    ACCIÓNS

  • FORTALECEMENTO DO SECTOR PESQUEIRO ARTESANAL E ELABORACIÓN DUN PLAN DE DESENVOLVEMENTO LOCAL SOSTIBLE NA PROVINCIA DE MANABÍ

    OBXECTIVO: Acadar o fortalecemento das institucións e da gobernabilidade local, creando mecanismos estables para a promoción do tecido económico

    ACCIÓNS: - Diagnóstico de necesidades de capacitación e asistencia técnica das Organizacións Priorizadas do Sector da Pesca Artesanal

    -Elaboración e execución do Programa de Extensión Pesqueira co fin de reforzar as Cooperativas Pesqueiras Artesanais da Provincia mediante a asistencia técnica e a formación “in situ"

  • PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO RURAL DOS TERRITORIOS DOS RÍOS CHANCHÁN E CHIMBO

    OBXECTIVOS: Fortalecemento da organización da cooperación para o desenvolvemento dos territorios das cuncas dos ríos Chanchán e Chimbo mediante a prestación de apoio e asistencia técnica para a consolidación da Corporación e o seu equipo mediante o aprendizaxe da metodoloxía Leader.