REHABILITACIÓN DAS CONDICIÓNS SANITARIAS, ALIMENTARIAS E DE HABITABILIDADE DAS COMUNIDADES RURAIS DAMNIFICADAS POLA TORMENTA TROPICAL STAN (GUATEMALA)
OBXECTIVOS
Contribuir á rehabilitación das condicións de vida das poboacións damnificadas pola tormenta tropical Stan nas rexións centro, sur e occidental de Guatemala, atendendo á reconstrución económica, social e sanitaria das súas comunidades.
Tame´n pretende mellorar as condicións alimentarias, sanitarias e de habitabilidade da poboación afectada polo Stan mediante a rehabilitación da atención primaria en saúde e as condicións básicas de saneamento ambiental, a reactivación produtiva, agrícola e pecuaria e a construción de seis vivendas saudables en 6 municipios.
BENEFICIARIOS
Directos: 31.600 damnificados
Indirectos: o total da poboación dos seis municipios, en total 128.830
ACCIÓNS
- Construción de 50 vivendas saudables
- Construción de infraestruturas sanitarias de atención primaria
- Campaña de desparasitación de 3.000 nenas e nenos
- Instalación de 80 cociñas melloradas
- Creación de 360 vertedoiros
- Construción de 300 letrinas
- Iniciar a produción de hortalizas en seis mazás de terreo
- Equipación de 4 clínicas de programas comunitarios de saúde
- Equipación de catro farmacias de programas comunitarios de saúde
139.907,64 EUROS