Proyectos

10 ANOS DE IMPLICADAS

Sensibilizar á cidadanía sobre a posibilidade de incidir na pobreza dende Galicia de maneira sólida e eficaz e abrir vías de participación cidadá na cooperación ó desenvolvemento

Año: 
2007
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Educación para el desarrollo
Región: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Agentes: 
IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO
Objetivos: 

Dar a coñecer á cidadanía galega o traballo de implicadas enfatizando as súas bases e filosofía e a participación
Visibilizar a situación de Etiopía e o traballo de implicadas no país con especial énfase nos problemas relacionados coa auga e a discriminación de xénero no país

Resultados y actividades: 

-  Preparar e montar unha exposición na que se recolla o traballo dos anos da organización
-  Con obxecto de celebrar o 10 aniversario, implicadas pretende dar a coñecer a situación dos países onde traballa dunha maneira crítica e responsable
-  Realización dun evento en Santiago de Compostela para implicar á cidadanía nos seguintes temas:
1.      Desenvolveranse materiais educativos para presentar a situación de Etiopía dende o punto de vista que teña en conta a desigualdade Norte-Sur
2.      Contactarase coas empresas de augas de Galicia para tratar o tema da auga e buscar a súa implicación económica e de visibilidade na situación da auga e sobre todo dende un enfoque de xénero
3.      Contactarase con mulleres galegas da vida política, cultural e deportiva para mobilizalas nun acto popular no mes de xuño no que se fará unha marcha por Compostela na que a cidadanía se poderá unir ás mulleres que levarán os mesmos colectores de auga cás mulleres etíopes nun acto simbólico de solidariedade que rematará coa lectura pública dun manifesto na praza do Obradoiro

Población beneficiaria: 

Directa: Público en xeral, as actividades pretenden chegar a 2000 persoas como mínimo

Ayudas: 

18000