Proyectos

8ª AULA ITINERANTE DE CONTOS SOLIDARIOS

Concienciar e sensibilizar a través da música e dos contos á sociedade sobre a problemática da desigualdade social promovendo hábitos diarios de solidariedade

Año: 
2007
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Educación para el desarrollo
Región: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Agentes: 
BICIS POLA PAZ
Objetivos: 

Dar a coñecer as situacións de desigualdade económicas e sociais entre os pobos e as persoas da terra, incidindo nas causas e nas posibles solucións.
Promover hábitos diarios de compromiso solidario e medioambiental dando a coñecer o traballo das ONGD’s en Galicia
Divulgar o Comercio Xusto
Promover hábitos de lectura e fomentar a participación das alumnas e alumnos na creación dos seus propios contos solidarios
Achegar a outros foros os contos solidarios a través da páxina Web www.contosolidarios.org 

Resultados y actividades: 

-  Desenvolvemento de 160 sesións de cantos e contos solidarios en 50 centros educativos do medio rural galego
-  Edición e distribución de 1000 CD’s, que recollen os contos musicados, en 1000 centros educativos do medio rural galego
-  Charlas explicativas sobre o traballo que realizan as ONG’s que hai en Galicia, ó rematar as sesións de contacontos nos diferentes centros educativos
-  Emprego nos contos de monicreques elaborados por cooperativas das comunidades máis desfavorecidas e outros productos de comercio xusto
-  Instalarase nalgúns dos centros educativos, acompañando aos cantos e contos solidarios, un ciclo carro-holandés cargado con libros, contos e revistas sobre a solidariedade
-  Realización do obradoiro da “Árbore atrapadora de contos” durante as sesións de cantos e contos solidarios nos centros educativos do medio rural galego

Población beneficiaria: 

Directa: 5000 alumnas e alumnos, con idades comprendidas entre 2 e 18 anos, pertencentes a centros escolares de Educación Infantil, Primaria , ESO e Bacharelato, e a outro tipo de centros educativos, en especial do medio rural galego
Indirecta: Profesoras , profesores e resto do persoal dos centros educativos, ademais de todas aquelas persoas que se acheguen a coñecer as actividades que propón o Proxecto

Ayudas: 

9900