ACORTANDO DISTANCIAS EDUCATIVAS: ACHÉGATE A O SALVADOR
Informar, sensibilizar e formas á cidadanía galega, en xeral, e ao profesorado de primaria e secundaria, en particular, sobre a interrelación existente entre os países do Sur e do Norte de cara a favorecer o desenvolvemento de valores e actitudes solidarias e comprometidas co logro dun mundo máis xusto, máis equitativo e máis sostible
Mellorar os coñecementos e a sensibilización na Educación ao Desenvolvemento do profesorado de primaria e secundaria dos Centros Educativos de Vigo, a través da súa formación, ofrecéndolles recursos, teorías de renovación pedagóxicas e experiencias prácticas.Achegar á sociedade galega a realidade da educación nun país Centroamericano a través do proxecto “Mellorando a calidade educativa das comunidades rurais dos departamentos de San Salvador e La Libertad” financiado no 2007 pola DXCE
-Deseño dos contidos provisionais do curso-Procura das persoas expertas relatoras que impartan o curso-Traballo de coordinacións coas relatoras e relatores para pechar os contidos de cada un dos programas definitivos do curso
Ao tratarse dun proxecto que engloba unha batería de actividades diferenciadas, o público obxectivo tamén o é, aínda que asumimos como prioritario aquelas persoas (profesorado, alumnado, pais e nais) vinculadas ao espazo educativo. 30 docentes de primaria e secundaria de centros educativos públicos de Vigo e concellos limítrofes que participan no curso de formación en ED, organizado en colaboración co CEFORE. Estudantes universitarias e universitarios de pedagoxía e maxisterio das 3 universidades galegas. Profesorado universitario de pedagoxía e maxisterio. Profesorado dos centros educativos públicos da zona rural próxima a Vigo. Nais e pais dos centros educativos públicos da zona rural próxima a Vigo Todas aquelas persoas que visiten a exposición sobre o proxecto no Salvador nos lugares nos que se emprace. Socias e socios galegos de Educación Sen FronteirasIndirectamente, alumnas e alumnos do profesorado participante no curso de ED, así como o resto da comunidade educativa do centro escolar ao que pertencen.Estudantes e profesorado universitario doutras facultades do mesmo campus no que se desenvolvan as charlas e se instale a exposición.
19533