Proyectos

ACTIVIDADES FORMATIVAS E DE SENSIBILIZACIÓN. IGUAIS PARA O 2015: POLA EQUIDADE DE XÉNERO NO MUNDO

Beneficiarios

Alumnado de 20 centros educativos, de ESO e Bacharelato de IES públicos, privados e concertados das catro provincias galegas, especialmente do medio rural de Lugo e Ourense. Profesorado. ONGD´s membros da Coordinadora Galega de ONGD´s. Responsables de sensibilización de centros educativos e xefas e xefes de estudios

Obxectivos

-Facilitar a mellorar a información existente sobre a realidade social dos países en desenvolvemento entre o estudantado de secundaria e bacharelato galego e a poboación en xeral, suscitando especialmente a participación activa da poboación xuvenil na loita pola consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, en particular do Obxecivo 3 ”Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller”:

 -Materiais didácticos e Obradoiros en IES galegos. Desenvolver unha campaña educativa dirixida ao estudantado da ESO e Bacharelato en IES de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, para que coñezan a importancia e incidencia que ten o ODM 3 ”Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller” na promoción do Desenvolvemento do Milenio, tratando de involucrar a un maior número de xovenes na loita pola equidade de xénero

-Campaña de sensibilización dirixida á poboación en xeral. Realizar accións de sensibilización dirixidas á poboación en xeral sobre a situación da igualdade de xénero no mundo e as accións de cooperación que as ONGDs levan a cabo neste sentido: alomenos 6 charlas informativas, actos públicos de denuncia e campaña divulgativa en medios de comunicación. Contaráse coa presencia dalgunha muller membro dunha organización que gtraballe nun país de América Latina en temas vencellados á defensa dos dereitos das mulleres

Actividades

  1. Selección de monitoras e monitores para a realización de obradoiros nos institutos de ensino secundario e contacto co profesorado para a selección de IES participantes. Elaboración do calendario de obradoiros
  2. Redacción, deseño, maquetación e produción de materiais didácticos da campaña. Programación de actividades concretas que se proporán ao alumnado e deseño das dinámicas a realizar nos obradoiros nos IES
  3. Segunda visita aos IES participantes na campaña. Edición dun exemplar de xornal da campaña e realización de alomenos catro programas de radio (Pontevedra, Vigo, Ourense e A Coruña)
  4. Redacción, deseño, maquetación e produción de materiais de sensibilización e divulgación da campaña dirixidos á poboación en xeral. Tanto materiais impresos como anuncios de radio e banners de internet e mini-site
  5. Selección de convidada de organización latinoamericana e programa de actividades públicas, charlas-coloquio da campaña

      

 

Año: 
2006
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Educación para el desarrollo
Región: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Agentes: 
SOLIDARIDAD GALLEGA
Ayudas: 

28.573 euros