CONSTRUIR AMARANTE PARA AFORTALAR O PROXECTO GALEGO DE SOLIDARIEDADE
OBXECTIVOS
- Fortalecer Amarante cualitativamente mellorando a valoración dos seus programas e proxectos, actuando como factor de consolidación dun polo galego de solidariedade que permita a construción dun modelo de solidariedade vertebrado e elaborado desde Galicia
- Aumentar abase asociativa de Amarante, prestando especial atención aos socios económicos que permitan mellorar a autosostibilidade do proxecto de Amarante
- Expansión territoriol do proxecto, prestando especial atención aos grupos comarcais permanentes hoxe existentes, Santiago, Pontevedra, Vigo, así coma aos lugares onde existen núcleos de socios/as con actividade puntual crecente
- Mellorar a formación técnica dos activistas na dinámica de mellorar a calidade dos programas e proxectos nos que traballa Amararante
ACCIÓNS
- Campaña de crecemento asociativo
- Campaña de expansión territorial
- Programa de formación dos activistas
- Creación do plan contable propio homologado e certificado por unha auditoría financieira externa
- Elaboración, deseño e redacción do libro de estilo visual de Amarante
- Traballo conxunto coa ONG, Implicadas no Desenvolvemento no plano da educación para o desenvolvemento e Comercio Xusto – arredor de Crisol – e da incidencia institucional e social – por medio da elaboración de liñas políticas e de formación comúns
24.929 euros