Proyectos

COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA A TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA NO CULTIVO DE MERO GUASA (Epinephelus itajara)) E MOLUSCOS BIVALVOS

Dar resposta nun ano aos vacíos de información sobre a factibilidade técnica e biolóxica sobre os cultivos experimentais de mero e moluscos no PNNCRSB e a súa área de influencia na bahía de Císpata

Año: 
2007
Instrumento de financiación: 
Convenio
Región: 
América del Sur
País: 
COLOMBIA
Zona de actuación: 
Bolívar (departamento)
Agentes: 
UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Contraparte: 

Fundación Mario Santo Domingo

Código CRS: 
31320 - Desarrollo pesquero
Objetivos: 

- Avalíar nunha escala anual algunhas das características físicas, químicas e biolóxicas dos corpos da auga mariña que se utilizarán para os experimentos de levante do mero guasa e dos moluscos pectinidae e ostreidae, nos diferentes sectores seleccionados no Parque Nacional Natural Corales do Rosario e San Bernardo e na súa área de influencia
- Coñecer e determinar novos aspectos da bioloxía reprodutiva, larvicultura e crecemento de xuvenís de mero guasa na área de estudo
- Determinar a factibilidade biolóxica e tecnolóxica do cultivo dos pectínidos Argopecten nucleus e Nodipecten nodosus e a Ostra de Mangle Crassostrea rhizophorae, na área de estudo
- Desenvolver un proceso informativo e educativo dirixido ás comunidades de Santa Ana, Barú, Bocacerrada e Illas do Rosario na cidade de Cartagena, e no correximento de Taganga, cidade de Santa Marta, sobre o proxecto de investigación da tecnoloxía do cultivo do mero e dos moluscos. Este proceso poderá estenderse a todo o litoral do Caribe colombiano

Resultados y actividades: 

- Estudo os corpos de auga nos seus compoñentes químicos, físicos e biolóxicos, para certificar a calidade dos mesmos na implementación de cultivos experimentais
- Verificación in situ do momento e a frecuencia dos desoves naturais do mero cautivo nos encerros do Oceanario.
- Coordinación dos experimentos do cultivo suspendido de pectínidos e asentamento natural de larvas de ostras en colectores artificiais
- Sensibilización das pescadoras e pescadores nas bóas prácticas da pesca, informándolles dos avances deste proxecto

Población beneficiaria: 

As comunidades universitarias da Fundación Marina-Ceiner, Universidade Jorge Tadeo Lozano, Universidade de Magdalena, Instituto Colombiano de Desenvolvemento Rural - INCODER, Unidade Administrativa Especial do Sistema de Parques Nacionais Naturais, Universidade de Córdoba, Conservación Internacional Colombia, Corporación Autónoma Rexional do Valles do Sinú e de San Jorge - CVS, Fundación Universidade do Norte

Ayudas: 

425845