Proyectos

DINAMIZACIÓN DO CENTRO DE RECURSOS KANDAHARIA

Aumentar o coñecemento e a sensibilidade da cidadanía galega respecto das implicacións do actual modelo de desenvolvemento e consumo nos países empobrecidos e no medio ambiente, así como dos modelos comerciais alternativos, como o Comercio Xusto, que tentan facer fronte a esta situación

Año: 
2007
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Consolidación y fortalecimiento de ONGD
Región: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Agentes: 
A COVA DA TERRA
Objetivos: 

Aumentar a eficacia e continuidade das campañas de sensibilización de Kandaharia. Capacitar ás  socias e socios e voluntariado para a xestión e realización das actividades que desenvolve.  Mellorar a xestión e dinamización dos fondos e recursos de Kandaharia 

Resultados y actividades: 

-   Presentación de Kandaharia en centros de ensino no primeiro trimestre do curso escolar 2007- 2008
-   Contratación  dunha técnica ou técnico para o deseño de materiais educativos, deseño e seguemento de campañas de sensibilización e presentación das campañas en centros de ensino, entre xuño de 2007 e maio de 2008
-   Realización de xornadas de dinamización e xestión de centros de documentación de Lugo
-   Xornadas de formación e captación de voluntariado para proxectos de sensibilización
-   Contratación dunha persoa para o deseño de actividades ou campañas que dean a coñecer os recursos e o funcionamento de Kandaharia
-   Contratación dunha persoa para xestionar os fondos de Kandaharia

Ayudas: 

21496