Proyectos

EXECUCIÓN DE ACCIÓNS A PROL DA MELLORA DAS CONDICIÓNS DO ABASTECEMENTO DE AUGA NO BARRIO PONTE D´AUGA, CIDADE DA PRAIA E CONTRIBUIR AO REFORZAMENTO DAS MULLERES CABOVERDIANAS NAS LISTAS PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

1ª Fase. Conexión á rede de abastecemento de auga
Mellorar o abastecemento de auga potable das familias máis carenciadas, de xeito que permita que cada membro agregado familiar teña acceso ao límite mínimo de 20 litros de auga por día.

Plaidoyer para aumentar a participación das mulleres
Aumentar nun 30% a participación das mulleres nas listas para as eleccións autárquicas de 2008 con vista a ampliar o exercicio da cidadanía e da participación das mulleres

Año: 
2007
Instrumento de financiación: 
Convenio
Región: 
África
País: 
CABO VERDE
Zona de actuación: 
Praia (cidade)
Isla de Santiago
Agentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALLEGO DE COOPERACIÓN Y SOLIDARIEDAD
Contraparte: 

CITI-HABITAT E INSTITUTO CABO-VERDIANO PARA A IGUALDADE E EQUIDADE DE XÉNERO

Código CRS: 
15164 - Organizaciones e instituciones de la igualada de las mujeres
14081 - Educación y formación en abastecimiento de agua y saneamiento
Objetivos: 

1ª Fase. Conexión á rede de abastecemento de auga
Garantir o acceso á conexión domiciliaria de auga de boa calidade.
Amplíar as capacidades de utilización das infraestruturas de abastecemento xa existentes.
Promover a equidade social na utilización dos equipamentos colocados a disposición da comunidade.
Fomentar a participación da comunidade de xeito que se fagan responsábeis do prolongamento útil das infraestruturas dos sistemas de abastecemento de auga
Plaidoyer para aumentar a participación das mulleres
Sensibilizar aos partidos políticos e á cidadanía sobre o papel das mulleres no proceso de desenvolvemento
Ampliar a representación das mulleres no sistema de representación política local
Contribuír á integración da dimensión de xénero nas plataformas electorais autárquicas
Contribuír á elaboracion de Planos Municipais para a Igualdade e Equidade en todos os concellos
Intercambiar experiencias relativas á realidade local entre representantes políticos partidarios de Cabo Verde e Galicia no que atinxe á representación, participación das mulleres neste espazo e deterse nun coñecemento sobre a planificación de políticas públicas dirixidas ao xénero.

Resultados y actividades: 

1ª Fase. Conexión á rede de abastecemento de auga
Presentación pública do proxecto.
Formación da equipa.
Diagnose das familias identificadas pola ACDPA.
Formación-capacitación da poboación beneficiaria en dominios de xestión da auga potable, hixiene colectiva e individual.
Primeira fase de execución física do proxecto.
Plaidoyer para aumentar a participación das mulleres
Reforzo do ICIEG, da Rede de Mulleres Parlamentarias e de ONG´s de mulleres para a construción dun Cabo Verde con máis mulleres en postos lectivos.
Plaidoyer conxunto de líderes e responsábeis políticos, tanto para mulleres e homes decisores a varios níveis, con vista a unha maior aposta polas mulleres en lugares de saída das listas para as autárquicas.
Lonnying para influenciar aos partidos concorrentes, tanto aos grupos da cidadanía organizada a constituíren listas máis equitativas e integración da dimensión de xénero nas respectivas plataformas electorais.
IEC/Comunicación para o Cambio Comportamento das direccións partidarias nacionais e locais, das mulleres potenciais candidatas ás eleccións autárquicas e da propia sociedade con fin de promover un poder local máis plural, máis representativo e máis equitativo.
Seminario de intercambio de experiencias entre representantes políticas con responsabilidades nas corporacións municipais.

Población beneficiaria: 

1ª Fase. Conexión á rede de abastecemento de auga
Directa:
300 familias (1.650 persoas)
Indirecta: 349 persoas que viven preto das fontes
Plaidoyer para aumentar a participación das mulleres
Directa:
O ICIEG, a aRede das Mulleres Parlamentares de Cabo Verde (RMPCV), así como as ONG´s femininas OMCV e Morabi. Dirixentes nacionais e locais dos partidos políticos MPD, PAICV e UCID. A Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos - ANMCV. Mulleres militantes dos mesmos municipios. Personalidades femininas locais.
Indirecta: 22 Municipios de Cabo Verde. As poboacións locais.
 

Ayudas: 

148.415,76 € (117.000,00 € e 31.415,76 €)