FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES DAS COMUNIDADES DA MICROCUNCA DO RÍO SASLE PARA UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS NATURAIS. JINOTEGA. NICARAGUA
Garantida a calidade e sostibilidade dos recursos naturais da cunca do Río Sasle - Lago de Apanás
Fundación de Investigación e Desarrollo Rural
Fortalecer as capacidades e sensibilizar medioambientalmente a poboación das comunidades de Sasle e Los Horcones para o aproveitamento sostible dos recursos naturais da microcunca do Río Sasle.
-Diagnose socioambiental das fincas -Elaboración de plans de manexo de fincas (traballo en gabinete)-Capacitacións e seguimento da xestión sostible dos recursos.-Construcción de 80 cociñas melloradas. -Capacitación en boas prácticas e tecnoloxías para o aforro enerxético.-Manexo de árbores frutais.-Capacitación para diversificar a produción das fincas dos beneficiarios.-Actividades de sensibilización ambiental
Directa: Beneficiaranse de forma directa 80 familias das comunidades de San Francisco de los Horcones (San Rafael del Norte) e Sasle (Jinotega). Considerando que a unidade familiar está composta de 7 persoas como media, se traballará con 560 persoas aproximadamente.
Indirecta: Beneficiaranse de forma indirecta outros habitantes da parte alta da subcunca do río Sasle, así como tamén a poboación que vive en comunidades situadas augas abaixo da zona de actuación.
92800