FORTALECEMENTO TÉCNICO E FORMATIVO DA UNIDADE DE HIDROXEOLOXÍA DO DEPARTAMENTO DE HIDRÁULICA DA RASD. ASISTENCIA TÉCNICA PARA A PROTECCIÓN DOS RECURSOS. TERRITORIOS SAHARAUÍS
Mellora do abastecemento de auga nos asentamentos da poboación refuxiada saharauí tanto en parámetros de cantidade como de calidade priorizando a capacitación do persoal local
Departamento de Hidráulica da RASD
Fortalecemento formativo das técnicas e técnicos da Unidade de Hidroloxía Saharauí e capacitación na xestión racional e na protección da calidade do recurso hídrico
- Recompilación e revisión dos datos xerados polas diversas entidades que traballan en rede no marco do Plan Director para o abastecemento dos Campamentos da Poboación Refuxiada Saharauí
- Mellora, actualización e transferencia dos soportes de datos existentes
- Revisión e análise dos valores dos parámetros hidroxeolóxicos, hidroquímicos e bacteriolóxicos medidos previamente e toma de novas mostras para a súa análise
- Definición de medidas axeitadas de protección das captacións no contexto dos asentamentos da poboación refuxiada saharauí
- Avaliación dos perigos de contaminación dos acuíferos e transferencia de coñecementos e ferramentas para que a UH poda desenvolver medidas para o seu control
- Elaboración dun listado de recomendacións para a protección da calidade da auga subterránea e difusión destas entre os membros do DH e das autoridades saharauís en xeral
- Identificación e análise da situación dos residuos nos campamentos
- Elaboración e edición dun informe de diagnose sobre a situación dos residuos nos campamentos
- Presentación do proxecto e a problemática da auga nos campamentos en varia materias
- Realización de campañas de incidencia para a concienciación da cidadanía galega sobre a situación da poboación saharauí, a problemática da auga nos campamentos e o proxecto.
Directa: 100 persoas do Departamento de Hidráulica da RASD, en particular os membros da Unidade de Hidroxeoloxía.
Indirecta: O conxunto da poboación refuxiada saharauí (158.000 persoas aproximadamente)
43297