FORTALECEMENTO TÉCNICO E FORMATIVO PARA A CONSOLIDACIÓN DA UNIDADE DE HIDROXEOLOXÍA DO DEPARTAMENTO DE HIDRÁULICA DA R.A.S.D
OBXECTIVOS
Favorecer o coñecemento e a xestión racional dos recursos hidroxeolóxicos da área na que se asentan as persoas poboación refuxiada saharauí, para a mellora do abastecemento, tanto en parámetros de cantidade como de calidade, priorizando a formación de persoal técnico local. Fortalecemento formativo da persoal técnico saharauí e capacitación na xestión racional dos recursos hídricos. Fortalecemento tecnolóxico e equipamento técnico da Unidade de Hidroxeoloxía da R.A.S.D.
ACCIÓNS
- Programa formativo avanzado que complementará a formación adquirida polo persoal técnico na primeira etapa do proxecto
- Realización de estancias dunha técnica ou técnico saharauí na Universidade de Santiago de Compostela
- Adquisición do material necesario para o equipamento dunha oficina para a Unidade Hidroxeolóxica da R.A.S.D.
- Traslado do material necesario adquirido en Europa aos campamentos
- Instalación do material para equipamento da oficina
- Implementación dunha conexión a internet vía satélite na sede do Departamento de Hidráulica da R.A.S.D.
- Realización dun Proxecto de Coñecemento da Realidade (PCR) por parte dunha persoa voluntaria na zona dos campamentos da poboación refuxiada saharauí
- Realización de campañas de incidencia para a concienciación da cidadanía galega sobre a situación da poboación saharauí e sobre o proxecto
POBOACIÓN BENEFICIARIA
- Directa: O persoal técnico da Unidade de Hidroxeoloxía do Departamento de Hidráulica da R.A.S.D.
- Indirecta: 200.000 persoas (o conxunto da poboación refuxiada saharauí)
45.841,70 EUROS